Unidade Didáctica: A emigración na obra de Avelino Díaz

avelino_diazA Asociación Cultural Avelino Díaz envía ás escolas un material de traballo para 6º de Primaria e 1º de ESO.

Nacido en Riotorto en 1897, Avelino é un home totalmente autodidacta, xa que soamente tivo oportunidade de asistir á escola primaria da época, á que acudían mesturados os rapaces das diferentes idades e cando os traballosd o campo o permitían. Foi grazas ó seu esforzo e interese por aprender, combinando horas de traballo e estudo, e sobre todo lendo todo o que caía nas súas mans, como acadou a súa formación intelectual.

Aínda que é un poeta pouco coñecido, se cadra debido á súa personalidade extremadamente modesta, moitos especialistas opinan que está á altura dos grandes da poesía galega. Publicou tres libros de poemas, Debezos e Pallaregas, os dous en galego, e Flor de Retama, en castelán.

A área educativa e cultural da Asociación Cultural “Avelino Díaz” fíxolles chegar aos centros educativos de Galicia unha unidade didáctica baixo o título “A emigración na obra de Avelino Díaz”.

O material foi confeccionado para 6º Primaria e 1º de Secundaria, e quere divulgar a figura e obra de Avelino Díaz entre os escolares e conseguir que desde os propios centros educativos se deseñen máis actividades arredor da vida e da obra do poeta.

Asociación Cultural Avelino Díaz

http://www.avelinodiaz.gal

Actividade da asociación en Twitter

https://twitter.com/avelino1897

Pode descargarse aquí a unidade didáctica (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*