VI Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos

seminario_materiais_didacticosDías 20 a 22 de febreiro, en Vedra. Co tema ‘A educación e os materiais didácticos en Finlandia: Que podemos aprender?’

Descrición xeral da actividade
O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa 6ª edición. O seu carácter innovador e emprendedor son unha necesidade formativa para a/o docente actual.
É unha actividade con distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino. Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.

Obxectivos de avaliación
-Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos.
-Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación.
-Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto.
-Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.

Metodoloxía do seminario
Sesións teóricas: conferencia, relatorio a mesa redonda; que servirán para situar a cuestión da avaliación no conxunto da toma de decisión en función dos recursos dispoñibles.
Obradoiros: de modalidade rotatoria (para poder asistir a dous deles) e cun número limitado de participantes por obradoiro. Son sesións participativas, onde o asistente se inicia no desenvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos con criterios científicos para o procedemento de análise de materiais e recursos educativos da actividade diaria. Nestas sesións o asistente pode achegar materiais propios.

Web da actividade

http://avaliacionre.wordpress.com

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*