A RGT declara deserto o V Premio de Banda Deseñada sobre Teatro

rgtO xurado do V Certame de Banda Deseñada sobre Teatro declarou deserto o concurso que este ano estaba dedicado á obra Imundação, de Marta Freitas. O premio, consistente en presentar unha páxina adaptada da última escena do texto para a súa posterior adaptación completa, consiste en 600 euros en metálico e a edición da obra.

A Asociación Cultural Entre Bambalinas, editora da Revista Galega de Teatro e organizadora do certame, valorará a posibilidade de contar cunha persoa convidada para realizar a adaptación e dar continuidade a unha colección que conta cos títulos: Doentes, de Brais Rodríguez -a partir da obra homónima de Roberto Vidal Bolaño; Hámster, de Diego Campos –a partir da obra homónima de Santiago Cortegoso; Belicosario, de Juan Molina –a partir da obra homónima de Manuel Lourenzo; 2132, de Diego Blanco –a partir da obra homónima de Roberto Vidal Bolaño.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*