Programa Coñece o Museo de Pontevedra

museo_pontevedraPoderase escoller entre percorridos de carácter xeral ou temáticos.

Os centros escolares da provincia que o desexen xa se poden acoller ó programa Coñece o Museo de Pontevedra convocado pola Deputación de Pontevedra. Este ano as solicitudes deberán presentarse no propio Museo atendendo as seguintes directrices:

D I R E C T R I C E S

1. O programa Coñece o Museo de Pontevedra levarase a cabo ó longo do ano 2015 coa finalidade de achegar ós escolares da provincia de Pontevedra toda a riqueza cultural da colección do museo e o intenso labor que desenvolve neste eido.

2. As visitas realizaranse dentro do horario de apertura ó público do museo, entre as 10:00 e as 21:00, e o tempo de visita oscilará entre os 60 e os 120 minutos en función do itinerario elixido.

3. Poderase escoller entre percorridos de carácter xeral ou temáticos segundo o nivel dos alumnos. Para máis información chamar ó teléfono 986 804 100, extensións 42412 e 42413, ou a través do correo electrónico: gabinetedidactico@depo.es

4. O grupo visitante irá acompañado por membros do Gabinete Didáctico, quen, dependendo da modalidade escollida, poderá facerlle entrega ó alumnado de material educativo complementario.

5. Deberase respectar a hora, o número de alumnos e o nivel educativo concertado. O Gabinete Didáctico será o encargado de velar polo cumprimento deste apartado, podendo incluso, suspender a visita seguindo criterios educativos e de seguridade.

6. A Deputación de Pontevedra subvencionará unha visita e un autobús por centro escolar ata esgotar a dotación orzamentaria.

7. As axudas ós centros adxudicaranse atendendo a criterios orzamentarios, de funcionalidade e de operatividade, aboando a Deputación o prezo da viaxe en consideración ó prezo medio do mercado.

8. Unha vez outorgada e realizada a visita, a empresa de transportes presentará a factura correspondente de acordo coa cantidade inicialmente presupostada e solicitada.

9. Quedarán excluídos da subvención os centros escolares do núcleo urbano da cidade de Pontevedra.

10. Todos os centros aceptan estas condicións para participar no programa.

Información e solicitudes na web do Museo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*