Medidas de Capacidade

medidas_de_capacidadeNova ficha ambiental do Caderno Verde para a aula de Matemáticas.

“Simón e Lino foron mercar leite. Simón trouxo 17 botellas de vidro de 1,5 litros. Lino trouxo 34 bricks de 750 mililitros. Quen trouxo máis leite?”

O Caderno Verde de Sogama, que recentemente iniciou a publicación de contidos gratuítos para o terceiro ciclo de Primaria, publica agora a ficha ‘Medidas de Capacidade’, para o mesmo treito educativo.

Mauro, Sol, Olalla, Simón e Lino, os novos personaxes do Caderno Verde de Sogama, conducen este material educativo centrado na formación ambiental do alumnado galego. O Caderno Verde continuará en semanas vindeiras coa publicación de fichas didácticas coas que os pequenos poderán aprender contidos de distintas disciplinas obxecto de estudo tales como matemáticas, lingua galega, lingua castelá, coñecemento do medio, inglés e educación artística, utilizando o medio ambiente de forma transversal.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*