Obradoiros infantís na Casa-Museo Manuel María

fundacion_manuel_mariaContinuando coa programación de actividades lúdicas e culturais para todo tipo de públicos que estamos a ofrecer desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos no espazo da Casa-Museo do escritor, en Outeiro de Rei, o vindeiro sábado 7 de febreiro darán comezo os obradoiros creativos dirixidos a nenas e nenos. Trátase dunha iniciativa deseñada en colaboración coa Fapacel (Federación de Anpas de Centros Públicos da provincia de Lugo) e coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

O espectáculo cómico de Isabel Risco As aventuras de Nabiza Girl deu inicio á programación de actividades lúdicas e culturais para o trimestre xaneiro-marzo. A través de dita programación, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos busca facer da casa natal do escritor un espazo en constante movemento de iniciativas diversas cos obxectivos de proxectar a figura e a obra de Manuel María a todo tipo de públicos, contribuír a facer da cultura galega un universo plenamente normalizado e crear unha oferta de calidade que active e dinamice culturalmente Outeiro de Rei e toda a comarca chairega.

Eis a programación prevista até o vindeiro mes de marzo, en colaboración coa FAPACEL (Federación de Anpas de Centros Públicos da Provincia de Lugo) e coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo:

Sábado, 7 de febreiro: obradoiro “Preparámonos para o Entroido”. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Un obradoiro de carautas e traxes para o Entroido a partir cartolinas, cartóns, bolsas de cores, papel de pegar, pratos de cartón…E tamén se maquillarán aquelas/es que queiran! Ao remate gozaremos dalgún conto de Entroido. Haberá 2 grupos: grupo 1 de 10 a 12 da mañá e grupo 2 de 12 a 14 horas. Prazas limitadas: cómpre anotarse previamente a través do correo fundacion@manuelmaria.com ou do teléfono 698 177 621 indicando o grupo que se preferir. Prezo: 5 €.

Sábado, 21 de febreiro: fase final do concurso escolar de recitado poético “Rosalía sempre viva”. Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía coa fase final deste concurso escolar de recitado dirixido ao alumnado de todo o ensino non universitario. Visionado do audiovisual “I ante aquel silencio mudo”. Visita á exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!”. Percorrido pola Casa-Museo Manuel María. 18 horas. Entrada libre.

Sábado, 7 de marzo: actuación do grupo de folc lugués Os Minhotos. Dentro do programa “Concertos na intimidade”. Música tradicional da man de 5 músicos que alternan no seu repertorio música de autor e tradicional mediante o emprego de instrumentos como a gaita, a zanfona, a requinta, o acordeón ou o clarinete. Ás 21 horas. Prezo: 5 €. Dirixido a todos os públicos. Reserva de entradas a través do correo-e ou do teléfono.

Sábado, 14 de marzo: obradoiro “Enredando con títeres”. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos, acompañadas/os dalgún/ha familiar. Prazas limitadas. Haberá 2 grupos: grupo 1 de 10 a 12 da mañá e grupo 2 de 12 a 14 horas. Cómpre anotarse previamente. Prezo: 5 €. Obradoiro de deseño e fabricación de títeres para xogar e divertirse aprendendo e facendo voar a nosa imaxinación. Ao remate gozaremos dun pequeno conto

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*