Reto ao cubo… de Rubik

rubikTes espírito científico? Gústanche os retos? Que tal dar resolver crebacabezas? Gústache viaxar?

Se respondiches afirmativamente ás catro preguntas anteriores, a partir do 29 de xaneiro podes poñer en práctica as túas emocións achegándoche ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) na súa sé da Coruña.

Desde ese día e ata o 31 de marzo, na recepción do Museo atoparás un código QR dun metro cadrado, construído con 81 cubos de Rubik por Ernesto Fernández, campión de Europa e do mundo da modalidade Rubik’s Clock e varias veces  campión de España do Cubo de Rubik. Non existe ningún outro QR no mundo con estas características!

O MUNCYT A Coruña e Ernesto Fernández, uníronse para propoñerlles un reto a todos os visitantes do Museo consistente en descubrir as mensaxes codificadas que agochan os 81 cubos que forman o mosaico. Para poder participar no reto non tes máis que ler as instrucións que che ofrecemos na ligazón adxunta (.pdf)

Se es capaz de resolvelo correctamente e envíasnos a túa resposta, entrarás no sorteo dun premio moi especial: un dos 20 cubos profesionais que Goliath Games Iberia SRL cedeu para a ocasión. Pero aínda hai máis, unha viaxe para dúas  persoas á cidade española na que se celebre este ano o Campionato de España do famoso crebacabezas.

 

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*