Go Green!

go_greenO Caderno Verde de Sogama achega esta semana un recurso ambiental para a aula de inglés.

O Caderno Verde de Sogama iniciou recentemente a publicación de contidos para o terceiro ciclo de Primaria cunha ficha para Coñecemento do Medio (‘A Electricidade’) e publicou a continuación outra para Matemáticas (‘Medidas de Capacidade’). Desta volta, vimos de coñecer da publicación dunha nova ficha ambiental elaborada para clase de Inglés: Go Green!

How Green is your school?
Does your school use recycled paper? And are you recycling paper in classroom? Do people turn off the lights when rooms are not in use? There are a lot of things we can do at schools!

Mauro, Sol, Olalla, Simón e Lino, os novos personaxes do Caderno Verde de Sogama, conducen este material educativo centrado na formación ambiental do alumnado galego. O Caderno Verde continuará en semanas vindeiras coa publicación de fichas didácticas coas que os pequenos poderán aprender contidos de distintas disciplinas obxecto de estudo, desde as matemáticas ao inglés, pasando por lingua galega, lingua castelá, coñecemento do medio, ou educación artística, utilizando o medio ambiente de forma transversal.

COMPARTIR

2 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*