Iniciación á ornitoloxía

ornitoloxiaDías 27 e 28 de febreiro. No CEIDA, en Oleiros.

Os vindeiros 27 e 28 de febreiro o CEIDA, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, organizan a IV Xornada de Iniciación á Ornitoloxía, dirixida a todos os públicos interesados en iniciarse no mundo das aves, facendo especial fincapé nas aves que se poden atopar na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A actividade contará cunha xornada teórica que terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), sede do CEIDA, e unha saída ornitolóxica pola Ría do Burgo (Culleredo), e a inscrición é gratuita. Prazas limitadas.

Programa

Venres 27 febreiro
16.00 h. Aves e caixas niño. Óscar Rivas. Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
16.40 h. Construción de comedeiros para aves. Martiño Cabaña. Asociación Custodia Galega do Territorio
17.20 h. Nomes vernáculos das aves de Galicia. Cosme Damián Romai. SGO e Hábitat.
Descanso
18.30 h. As aves invernantes na ría do Burgo. Unha década de censos. Antonio Sandoval. SGO.
19.10 h. As aves na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sergio París, SGO.

Sábado 28 febreiro
10:00 h. Saída ornitolóxica pola Ría do Burgo

Inscrición
Actividade de balde

Máis información e inscricións

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*