8 apps para traballar os tres erres (Reducir, Reutilizar, Reciclar)

app_sogamaPara fomentar a sustentabilidade a través da redución, reutilización e a reciclaxe, facemos unha selección de aplicacións gratuítas dispoñibles para tablets e teléfonos móbiles na plataforma Android.

Tres erres con Sogama (App en Galego)

Esta aplicación de Sogama que xa tiñamos mencionado anteriormente é moi útil para o eido educativo. Trátase dnha completa guía en lingua galega para dispositivos móbiles coa que resolver axilmente calquera dúbida sobre a separación de residuos e comprobar a que colector concreto vai un determinado residuo. No buscador da app pódense atopar residuos clasificados segundo o tipo de material ou segundo o tipo de produto. Incorpora tamén resumo de claves básicas relacionadas cos tres erres (Reducir, reutilizar e reciclar). A aplicación conta igualmente cun apartado “Sabías que… ” no que se inclúen datos e curiosidades de interese: que unha bolsa de plástico pode tardar 1.000 anos en degradarse, que con 15 botellas plásticas se pode elaborar un forro polar, e con 6 briks, unha caixa de zapatos, que por cada 100 quilos de residuos orgánicos pódense obter ao redor de 30 quilos de compost, ou que coa enerxía eléctrica que se produce no complexo industrial de Sogama en Cerceda lógrase abastecer unha cidade de tipo medio (100.000 fogares). Tamén inclúe un xogo con vistosas ilustracións co que poñer a proba os coñecementos sobre separación de residuos. A app de Sogama tamén está dispoñible para iPhone e iPad

 

Dálle de comer a Mr. Iglú
Aplicación de Ecovidrio para educar en favor da reciclaxe dos envases de vidro. Inclúe xogos diversos: Grazas á realidade aumentada, Mr. Iglú darache as grazas cada vez que vaias depositar os envases de vidro baleiros e Mr. Iglú converterase nunha divertida mascota coa que poderás: darlle para comer e coidalo; vestilo cunha gran cantidade de complementos; acceder a xogos cos que conseguirás ecos para as túas compras; conseguir descargas de novos contidos coas túas visitas e accións e outras cousas.

Guía de Reciclaxe de Ecoembes
Tes dúbidas sobre onde depositar un envase para a súa reciclaxe? Esta guía para dispositivos móbiles elaborada por Ecoembes ofrece toda a información sobre como separar correctamente os envases. Inclúe un buscador de envases e unha descrición dos distintos colectores, explicando que residuos se poden depositar nos mesmos e cales non.
Eviana 1 – Reciclaxe
Eviana é unha serie de xogos para nenos en idade preescolar desenvolvidos en exclusiva para tablets que integra, a través de mecánicas moi sinxelas, valores como a cultura de protección do medio ambiente. Neste primeiro xogo, Eviana atopa no parque diversos obxectos tirados no chan. Uns misteriosos colectores de cores poden facer maxia sobre eles, a condición de que saibas en que contedor depositar cada obxecto!

Trash to Treasure (app en Inglés)
O lixo en casa de Kiki protestou porque cre que non se lle trata con suficiente amabilidade. Así que imos axudarlle a estes obxectos de desbalde a convertérense en xoguetes. Como facer por exemplo un coche de xoguete con ese rolo de papel hixiénico? Unha forma divertida de tratar o tema da reutilización.

Manualidades recicladas
Esta app almacena unha colección de ideas para fabricar nós mesmos todo tipo de manualidades doadas de cartón usado, lata usadas e todo tipo de manualidades con material reciclado como: decoración de casa; decoración de baños; manualidades para regalar; manualidades con botellas de plástico; manualidades de reciclaxe ou manualidades con papel
Recycle game (app en Portugués)
A personaxe ‘Reciclito’, un robot realizado con pezas de plástico reciclado, lévanos a varios lugares: escola, praia ou parque. En cada un deles debemos reciclar diversos produtos correctamente.
Cada cosa al seu lloc (App en Catalán)
Sinxelo e vistoso xogo para identificar onde debe depositarse cada residuo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*