Idiotas, un filme sobre a discapacidade que acumula premios

idiotas_cortometrajeA curtametraxe, dirixida polo vilagarcián Fran Estévez, gañou premios en España e Canadá.

Un globo vermello descende do ceo para aterrizar na máxica cidade de Compostela. Alí, un mozo moi sorrinte e o seu inseparable can atopan o globo e, enganchada a el, unha nota que di: “Desínchame pouco a pouco”.

Así resumen desde Hipotalamo Films esta curta, Idiotas, que, segundo a revista ACTÚA da fundación Aisge, que o incluíu na súa reportaxe ‘Cando o cine é fiestra de visibilidade e integración’, é “un filme manufacturado con delicadeza e claro amor á arte”. O proxecto, rodado sen axudas oficiais e con achegas de micromecenado, gañou o premio no FECIDISCOVI da Funcación Anade, centrado en obras dedicadas á discapacidade, e dous premios no Picture This Film Festival de Canadá.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*