As fraccións

as_fraccionsFicha do Caderno Verde de Sogama para a aula de matemáticas.

Un novo recurso gratuíto para o terceiro ciclo de Primaria, neste caso para a clase de matemáticas, está xa dispoñible no Caderno Verde de Sogama.

Dous colectores iglú verde enchéronse co mesmo número de residuos… Se Olalla levou 2/3 ao seu colector e Simón levou 3/5 ao seu… Quen levou máis? É un exemplo dos desafíos matemáticos ambientais que podemos atopar na ficha As Fraccións

Mauro, Sol, Olalla, Simón e Lino, os novos personaxes do Caderno Verde de Sogama, conducen este material educativo centrado na formación ambiental do alumnado galego. O Caderno Verde continuará en semanas vindeiras coa publicación de fichas didácticas coas que os pequenos poderán aprender contidos de distintas disciplinas obxecto de estudo, desde as matemáticas ao inglés, pasando por lingua galega, lingua castelá, coñecemento do medio, ou educación artística, utilizando o medio ambiente de forma transversal.

Fichas anteriores para o 3ºciclo de Primaria:
Go Green
http://botons.eu/2015/02/19/go-green/

Medidas de Capacidade
http://botons.eu/2015/02/02/medidas-de-capacidade/

A Electricidade
http://botons.eu/2015/01/19/o-caderno-verde-introduce-contidos-para-o-3o-ciclo-de-primaria/

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*