Un pouco de ortografía cos Amigos de Vilaverde

uves_y_bes_interiorO Caderno Verde de Sogama achega esta semana unha ficha para clase de lingua castelá.

‘Entre ‘uves’ y ‘bes’ é o título do último contido descargable de balde no Caderno Verde de Sogama. Onde deberá colocar Olalla un ‘b’ ou un ‘v’? E onde debe poñer Simón un ‘g’ ou un ‘j’? A ficha, como as últimas publicadas ao longo deste curso polo Caderno Verde está destinada ao terceiro ciclo de Primaria. Neste caso, e dentro do obxectivo de elaboración de contidos transversais para as diferentes materias escolares, a nova ficha sobre ortografía destínase a clase de lingua española, onde á vez que se traballa a ortografía se revisan contidos e valores vencellados á educación ambiental.

Mais na web seguen dispoñibles outros contidos ambientais para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e tamén para o treito de Educación Infantil.

O Caderno Verde achega contidos para as aulas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Galega, Lingua Castelá, Educación Artística e Inglés.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*