VI Seminario sobre a Memoria: O exilio, a muller e a guerrilla: O Gardarríos

seminario_memoriaOrganiza Nova Escola. Os días 8, 9 e 10 de maio de 2015.

Lugares de celebración:

Sesións plenarias e traballo de campo nos concellos de Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Mondoñedo e Lourenzá.

Xustificación

A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta didáctica para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Polo tanto, preténdese suxerirlles aos asistentes una reflexión sobre o fenómeno do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre o exilio, a muller e a guerrilla antifranquista contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén.

Obxectivos

1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista en Galicia.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Coñecer a historia do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista en Galicia.
4. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
5. Estudar e analizar diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Galicia.
6. Facilitar ao alumnado, profesorado e persoas interesadas, o estudo do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista.
7. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa democracia e os dereitos humanos.
8. Contribuír á consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diversos pobos de Estado.
Información na web de Nova Escola Galega

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*