Inicio » Actualidade » III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio: “O Patrimonio Inmaterial na escola”

III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio: “O Patrimonio Inmaterial na escola”

xornada_patrimonioPonte…nas Ondas! e a iniciativa do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués acoden esta fin de semana como relatores a esta xornada internacional sobre patrimonio.

A Fundación Barrié traslada o seu compromiso co Patrimonio ao eido educativo coas III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Patrimonio: “O Patrimonio Inmaterial na escola”, dirixidas a profesores e profesoras de todos os ciclos educativos, pedagogos, educadores e estudantes de maxisterio así como a todas aquelas persoas con interese en profundar coñecementos na área de Patrimonio Inmaterial.

O obxectivo principal das xornadas é potenciar a didáctica do Patrimonio Inmaterial nas aulas coa finalidade de integralo, dado o enorme potencial que nos brinda, dun xeito interdisciplinar no currículo educativo.

Así, a través de comunicacións e obradoiros prácticos, a Fundación Barrié pretende consolidar este foro de encontro para todos os docentes interesados no Patrimonio e os grupos de traballo impulsados desde educaBarrié nos últimos catro anos, nunhas xornadas que acollen a personalidades relevantes no ámbito da didáctica do Patrimonio, profesores, pedagogos e artistas.

As Xornadas celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña os días 17 e 18 de abril de 2015.

Esta actividade encádrase dentro das accións da Fundación Barrié para potenciar a educación patrimonial en todos os niveis educativos, con especial atención á sostibilidade e á conservación do Patrimonio como fonte de riqueza e desenvolvemento para as futuras xeracións.

Dirixido a:
Profesores e profesoras de todos os ciclos educativos, pedagogos, educadores e estudantes de maxisterio, así como a todas aquelas persoas interesadas en profundar coñecementos na área de Patrimonio.

Programa:
A Coruña, venres 17 de abril

18.00-19.00: O Patrimônio Inmaterial como recurso
Relatora: Clara Bertrand Cabral.

19:00-20:00: O Patrimonio Inmaterial: educación, emocións e diversidade
Relator: Joan Santacana Mestre.

A Coruña, sábado 18 de abril

10:00-10:30: Un artista na escola: Rosalía Pequeniña
Relatoras: Uxía Senlle e Patricia Cameáns.

10:30-11:00 Proxecto Esmelle: Recuperación do patrimonio material e inmaterial do Val de Esmelle
Relator: Rafael Fernández Beceiro.

11:00-11:30 Ponte… nas ondas! 20 anos retransmitindo o patrimonio
Relator: Santi Veloso.

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:30 Obradoiro: Canto e percusión de man na música tradicional de Galicia
Relator: Xabier Díaz Carro.

16:30-18:30 Obradoiro: Musiqueando a inmateria
Relator: Aitor Zenarruzabeitia.

Para descargares o programa completo, clica aquí.

Para descargares as reseñas curriculares dos relatores, clica aquí.

Inscrición:
Completar o formulario online clicando en “Apuntarse a esta actividade”.

+ Información:
Email: educabarrie@fbarrie.org

Teléfono: 981 060 094

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*