Perseguindo a Mr Goodfish

mr-goodfishPesca sostible e gastronomía na nova exposición fotográfica do Aquarium Finisterrae

As 70 imaxes que forman esta exposición foron tomadas por trece fotógrafos que participaron na “Quedada Fotográfica Perseguindo a Mr. Goodfish”, celebrada no marco do Festival Marea Alta en setembro de 2014. O obxectivo da actividade era conectar amantes da fotografía co proceso que segue o peixe dende o mar ata o prato, para sensibilizar á sociedade sobre o consumo responsable das especies mariñas, seguindo os valores que defende o programa europeo Mr. Goodfish.

Os espazos da cidade onde tomaron as fotografías son os que seguen: a Lonxa da Coruña, os Mercados de San Agustín e da Praza de Lugo, os restaurantes Alborada, Árbore dá Veira, Finisterrae, Pablo Gallego, Taberna Gaioso, Barbería Bar e a cociña de José Silvarredonda, autor do blog gastronómico Cocina e Kuchnia. Os participantes na mostra son os seguintes: Alba Suárez, Alberte Sánchez, Alberto Bandín, Fran Queiruga, Genaro Díaz, Gloria Salorio, Inés Pose, Luz López, Moncho Fuentes, Pablo Rivas, Pep Paramos, Silvia González e Xeila López. Tras o seu paso polo Aquarium Finisterrae da Coruña, a exposición «Perseguindo a Mr. Goodfish» visitará o Museo do Mar de Galicia en Vigo, onde poderá visitarse os meses de setembro e novembro de 2015.

En paralelo á exposición, o Aquarium Finisterrae acolle os domingos 19 de abril, 10 de maio, 17 de maio, 31 de maio e 21 de xuño, ás 13.00 horas, a actividade «Contos que saben a mar». Catro sesións de contos para público adulto e unha para público familiar nas que os contadores compartirán historias relacionadas co océano, os seus personaxes e as súas lendas. As sesións complétanse con degustacións gastronómicas de produtos do mar elaborados por empresas que traballan con criterios de sostibilidade, como o Obradoiro de Lamprea, Galletas DaVeiga ou Galuriña.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*