Horta de Letras!

horta-letrasSogama achéganos novo material de balde para as aulas de Lingua Galega.

Á porta do Día das Letras, a web educativa o Caderno Verde, desenvolvida por Sogama, proporciónalle ás aulas unha nova ficha ambiental en lingua galega: ‘Horta de Letras‘. Unha ficha protagonizada polos xa coñecidos personaxes da ficticia poboación de Vilaverde, deseñados para instruír o alumnado acerca das boas prácticas ambientais, especialmente, na xestión correcta dos residuos urbanos segundo o lema dos 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

A ficha ‘Horta de Letras‘, como as últimas publicadas ao longo deste curso polo Caderno Verde está destinada ao terceiro ciclo de Primaria. Neste caso, e dentro do obxectivo de elaboración de contidos transversais para as diferentes materias escolares, a nova ficha sobre ortografía destínase a clase de Lingua Galega. Nesta web educativa poden atoparse tamén moitos outros materiais en galego destinados a outras áreas de coñecemento, desde as Matemáticas ao Coñecemento do Medio. O Caderno Verde achega contidos para as aulas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Galega, Lingua Castelá, Educación Artística e Inglés. Na web do Caderno Verde seguen dispoñibles tamén outros contidos ambientais para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e tamén para o treito de Educación Infantil.

 

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*