Festival Olloboi

olloboiO sábado 30 terá lugar o festival audiovisual escolar. En Boiro.

Federico Pérez e Xosé Touriñán serán os condutores do evento. Na web podedes consultar os finalistas en cada categoría: Olloboi online (elixidos coa votación do público), Olloboi Cómico (pezas humorísticas), Olloboi Peleón (traballos de crítica social), Olloboi Fotoxénico (candidatos á mellor fotografía), Olloboi Orixinal (seleccionados para o premio a mellor guión), Olloboi DJ (premios á mellor música e son), Olloboi Escola (mellor experiencia académica), Olloboi Zamburrioi (a mellor proposta)… A organización do olloboi, A Asociación Marearte, xa seleccionou os 10 traballos candidatos a gañar en cada categoría.

PROGRAMA

Sábado 30 de maio. Boiro.
13:00 – Recepción de participantes no Náutico de Cabo de Cruz

Xantar para 100 comensais sufragado polos Patrocinadores do Festival

17:00 – Proxección de Unary e Encallados,
en Asteleiros Triñanes,
coa presenza do director Luis Avilés e
o produtor Andrés Mahía.

20:00 – Gala de Entrega de Premios
na Casa da Cultura de Boiro,
conducida polos actores Federico Pérez e Xosé A. Touriñán,
e coa colaboración musical do alumnado do CPI de Dodro.

Pinchos e peche do festival

Todo de balde ata fin de existencias e completar aforo!!

Priorizarase ós inscritos no formulario e ó alumnado.

Velaquí todos os candidatos na web de Olloboi
Tamén podedes seguir o certame Olloboi no Facebook

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*