Gañadores OlloBoi 2015

Xa nos teñen acostumados a unha magnífica colleita desde o festival do audiovisual escolar.

Unha mestura de humor e denuncia elaborada pola rapazada do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón, en Dodro, levou o premio na categoría de Olloboi Cómico coa peza ‘Contedor munisipal’:


E xa máis especificamente na categoría de traballos de crítica social, o Olloboi Peleón vai para Teo, onde o IES de Cacheiras elaborou a peza ‘Persoas’:

E dende a EEI de Xustáns, en Ponte Caldelas, chegou a peza ‘Un caso aparte’, gañadora do Olloboi Orixinal ao mellor guión:

O Olloboi Fotoxénico (mellor fotografía) foi para os mozos e mozas de Bacharelato do IES As Barxas, de Moaña, pola peza ‘Seminario 5’:

O Olloboi DJ (á mellor música e son) outorgóuselle á peza ‘Ai meu ghato’, da xente de ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro:

A peza merecedora do Olloboi Animado, ‘A xustiza pola man – Rosalía de Castro’, chegou tamén desde Moaña, do alumnado de Bacharelato do IES As Barxas:

O Olloboi online (votación do público), vai para Meaño, pola peza ‘Maruxa’ feita polos rapaces e rapazas de Primaria do CEIP de Coirón-Dena:

O Olloboi Zamburrioi (a mellor proposta), fixo gañadora a peza ‘Señor Ramón e Señora Ramona’, do CEE de Vilagarcía de Arousa:

premios-olloboiE finalmente, o Olloboi Especial Embarcacións Tradicionais vai para ‘Composclick’, do CPI de San Vicente, na Baña e o Olloboi Universidade e Escolas Audiovisuais é para ‘O Rostro Esquecido’, da Facultade de Audiovisuais de Pontevedra

Recordámosvos que a organización do olloboi, a Asociación Marearte, outorgou os galardóns Olloboi online (elixidos coa votación do público), Olloboi Cómico (pezas humorísticas), Olloboi Peleón (traballos de crítica social), Olloboi Fotoxénico (candidatos á mellor fotografía), Olloboi Orixinal (seleccionados para o premio a mellor guión), Olloboi DJ (premios á mellor música e son), Olloboi Escola (mellor experiencia académica), Olloboi Zamburrioi (a mellor proposta)…

Velaí todos os gañadores na web do Festival.

Na bitácora dos galardóns podedes ver tamén o resumo da gala, co mellor do evento conducido polos xeniais Fede e Touri, e fantasticamente musicada por Xiao’s Ollobois.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*