Porcentaxes

porcentaxes300O Caderno Verde de Sogama achega outra entrega para as aulas de matemáticas.

Nun colector verde hai 200 botellas de vidro. Do total, o 40 % son botellas de auga. Hai tamén un 30% de botellas de refrescos. Un 25% son botellas de viño. E o resto son botellas de cervexa. Saberías calcular cantas hai de cada clase? E, outra pregunta… saberías dicirnos cantas destas botellas de vidro levan tapón…? Por que?

‘As porcentaxes’ é unha nova ficha didáctica dispoñible no Caderno Verde de Sogama para clase de Matemáticas do 3º ciclo de Primaria.

Na web educativa do Caderno Verde de Sogama poden atoparse tamén moitos outros materiais destinados a diversas áreas de coñecemento, desde as Matemáticas a Lingua Galega, pasando polo Inglés ou a Lingua Castelá. Na web do Caderno Verde seguen dispoñibles tamén outros contidos ambientais para o primeiro e segundo ciclo de Primaria e tamén para o treito de Educación Infantil.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*