V Concurso de Fotografía, Relato e Curtas polo Territorio

adega-concursosNova edición do certame do colectivo ecoloxista Adega.

Adega convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio, co gallo de ofrecer de novo á sociedade galega unha oportunidade de retratar o estado actual do noso territorio a través da imaxe e da palabra. Por quinto ano consecutivo, os certames pretenden facer partícipe a cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.

Estes concursos enmárcanse dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” e están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. Adega anima á participación nesta edición dos concursos, que o ano pasado superou as expectativas acadando 70 fotografías, 60 relatos e 10 curtametraxes. Consulta todas as bases a continuación.

Como novidade, a finais deste ano 2015 e para festexar esta quinta edición dos concursos, ADEGA realizará unha publicación (Libro-DVD) cos relatos, fotografías e curtametraxes premiadas en cada unha das edicións dos certames.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*