FalaRedes inicia o evento ‘Estamos no verán’

falaredes-veranUnha nova proposta musical pensada para dinamizar o uso da nosa lingua en rapaces de 7 a 12 anos.

Tamén co obxectivo de apoiar e para reforzar a programación de verán dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, comezou xa a actividade ‘Estamos no verán!!!’, promovida polo músico Xoán Curiel.

Durante dous meses Curiel viaxará acompañado pola banda Son+d2 e pola bailarina Marta Alonso, cun feixe de historias para cantar, brincar e gozar na nosa lingua, facéndoa protagonista do tempo de lecer.

Logo da primeira función no Auditorio Multiúsos de Santa Comba, Estamos no verán!!! estivo em Cariño o venres 12 e no Rosal, o domingo 14.

Os seguintes pases acolleranos os concellos coruñeses de Ordes, Muxía e Miño. Xa no mes de xullo Estamos no verán!!! visitará as localidades de Ames, Xove, Ortigueira, Fisterra, Baiona, Malpica de Bergantiños, Nogueira de Ramuín, Vilamarín, Barreiros, Ribadumia, Bueu e O Grove.

A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas. O calendario completo da actividade estará dispoñible en www.lingua.gal.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*