Eco-vacacións no Planeta Verde

anselmo-trebonAs aventuras da familia Trebón en tempo de verán. Un feixe de ecocontos.

Da man de Sogama, o Caderno Verde vennos ofrecendo desde hai tempo un feixe de materiais de uso libre para aulas e familias. Trátase de vistosas fichas e ecocontos destinadas á sensibilización ambiental e que, de xeito particular, prestan moita atención á boa xestión dos residuos por parte da cidadanía. Diversión e aprendizaxe a un tempo axudando aos pequenos a interiorizar as boas prácticas ecolóxicas na xestión sostible dos residuos urbanos e no aforro e a eficiencia enerxética.

Enfocados ao treito de Infantil e aos máis cativos da Primaria, as aventuras de Anselmo, Carola e Lucas Trebón, así como do seu can Antenas, unha entrañable familia de extraterrestres de visita accidental na Terra onde coñecen a Lilia, Vito, o gato Evaristo e o profesor Uxío, estes ecocontos tratan toda unha variedade de temáticas que, sen dúbida, axudarán a corrixir, nuns casos, e a modificar, noutros, os comportamentos dos escolares de cara a construír un mundo mellor, tarefa na que todos, sen excepción, debemos estar implicados.

Algúns ecocontos para tempo de verán:

No fondo do mar

Os Trebón van de vacacións ao mar

Unha praia con tres erres

Imos de vacacións

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*