Comeza a escola: a durmir ben e arrincar o día cun bo almorzo

volta-a-escolaOs bos hábitos son aínda máis importantes en datas chave como as da volta ao cole.

Despois das vacacións, a volta a clase conlleva un cambio na rutina diaria. Para que sexa máis fácil para os nenos e os pais e nais, convén ter en conta algunhas cousas.

O sono

Para empezar, hai que durmir ben. Os nenos en idade escolar deben durmir entre 9 e 11 horas diarias. É bo deitarse axiña desde uns días antes da volta ás clases para que os nenos se adapten aos novos horarios.  Está demostrado que unha correcta hixiene do sono favorece a aprendizaxe, a asimilación de experiencias e o crecemento.

Por esta razón “hai que afacer aos nenos á rutina do sono escolar canto antes” indica o doutor Gerardo Rodríguez, coordinador do Grupo de Actividade Física da Asociación de Pediatría Española. Para que a adaptación sexa progresiva, recoméndase que un par de semanas antes de volver ao cole, afágase aos nenos a deitarse pronto e seguir os horarios escolares.

As mochilas

É conveniente que as mochilas escolares sexan lixeiras, que teñan dúas cintas para os ombreiros e que non pesen moito. Recoméndase que o peso non supere do 10 ao 15% do peso do neno. Son recomendables aquelas con correas anchas e acolchadas. O doutor Rodríguez sinala que “hai que evitar que o neno cargue con peso innecesario”. Para iso, os carriños son unha boa opción, así como axudar ao neno a cargar coa mochila se esta é demasiado pesada.

Desprazarse ao colexio

No autobús escolar hai que lembrarlle ao cativo:

  • Esperar a que o autobús se deteña antes de achegarse a el desde o bordo da beirarrúa.
  • Non andar dentro do autobús.
  • Antes de cruzar a rúa, comprobar que non vén un coche.
  • Asegurarse sempre de permanecer á vista do condutor do autobús.

No coche:

  • Todos os pasaxeiros deben utilizar os dispositivos de seguridade apropiados.
  • Ter en conta que a partir do 1 de outubro entra en vigor a nova lei de seguridade viaria e que os nenos non poderán viaxar nos asentos dianteiros, agás excepcións.

Na bicicleta:

  • Sempre utilizar un casco para ciclismo, independentemente do longo que sexa o traxecto.
  • Coñecer as regras de circulación e respectalas.

Camiñando:

  • Asegurarse de que o neno vai por unha ruta segura e de que coñece as normas de seguridade.
  • Antes de que vaia só á escola, hai que coñecer se o neno ten unha idade apropiada para realizar un traxecto sen ir acompañado por un adulto.

Alimentación

  • O almorzo é a comida máis importante do día, é parte clave da alimentación do neno. E deberá cubrir a cuarta parte (25%) das calorías que se toman a diario.
  • Un bo almorzo admite moitos alimentos, por exemplo un lácteo, algún cereal, froita, entre outros.
  • Se o neno come no colexio, débese revisar o menú do comedor escolar para planificar as comidas da casa. “Hai que ser proactivos na alimentación dos nosos fillos e saber que comen no colexio para ofrecerlles unha alimentación equilibrada”, aconsella o doutor Rodríguez. Tamén recomenda deixar de lado a repostería industrial e “aproveitar a media mañá ou a hora da merenda para incluír froita na dieta en forma de pezas enteiras, non de zume”.

Despois do colexio

  • Trala saída do colexio os nenos necesitan supervisión. Un adulto responsable debera estar dispoñible cando regresen á casa.
  • Moitos nenos e nenas realizan actividades logo da escola. É conveniente que as actividades sexan apropiadas para cada idade, que non impidan que o cativo teña tempo de descanso e xogo libre, e que non se convertan nunha obrigación máis do día a día.
  • Unha oportunidade para que os nenos se relaxen, se relacionen con outros nenos e fagan exercicio físico é deixarlles xogar ao aire libre nalgún lugar seguro, antes de volver á casa.
  • O doutor Rodríguez destaca que “unha actividade física adecuada relaciónase cun mellor rendemento escolar e cun mellor estado anímico dos nenos”. Ademais, prevén o sobrepeso e as enfermidades cardiometabólicas no futuro. Por iso recomenda “un mínimo de 1 hora diaria de actividade física moderada-intensa”. As actividades extraescolares deportivas, os paseos en familia, as actividades ao aire libre e reducir as horas de consumo de televisión son formas de aumentar a actividade física de xeito divertido e ameno.

 

Recomendacións elaboradas a partir da Asociación Española de Pediatría

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*