Inicio » Actualidade » A utilidade do inútil

A utilidade do inútil

libros3Kalandraka publica a obra de de Nuccio Ordine na colección Ágora do selo FAKTORÍA K, que reúne obras enfocadas á reflexión e ao pensamento crítico.

citas e reflexións colleitadas por Ordine ao longo da sua traxectoria como profesor e investigador. Está estruturado en tres partes: unha primeira sobre a útil inutilidade da literatura e a achega de personaxes do eido da cultura; outra que trata a repercusión da lóxica do beneficio no ámbito do ensino, da investigación e das actividades; e por último, unha mostra de clásicos que tiveron efectos destrutivos na dignitas hominis, a través da “ilusión da riqueza” e da “prostitución da sabedoría”.

Nuccio Ordine rexeita a actual ditadura do beneficio e do utilitarismo, que invadiu todos os aspectos da vida. O autor propón reflexionar sobre a importancia daqueles coñecementos que aparentemente non producen beneficios materiais, malia que nesta sociedade global só se considera útil aquilo do que se obtén unha contraprestación. Ante a crise do sistema, A UTILIDADE DO INÚTIL reivindica que -agora máis que nunca- precísanse coñecementos que nutren o espírito e procuran o ben común, o respecto, a solidariedade e a paz. Un manifesto que chama a loitar contra a corrupción causada polo diñeiro e polo poder.

Nuccio Ordine (Calabria, 1958) é profesor, filósofo e experto no Renacemento e na figura do pensador Giordano Bruno. Actualmente imparte clases de Literatura Italiana na Universidade de Calabria e colabora co Centro para o Estudo do Renacemento Italiano da Universidade de Harvard e da Fundación Alexander von Humboldt, entre outras institucións académicas europeas. É autor de varios libros que foron traducidos e publicados en numerosos países. Entre as distincións que recibiu figuran o Premio Rombiolo, o de Cabaleiro da Lexión de Honra e Comendador da Orde ao Mérito da República Italiana. Escribe periodicamente no diario Corriere della Sera.

http://www.kalandraka.com/blog/2015/09/18/presentacion-de-a-utilidade-do-inutil-e-entrevista-a-nuccio-ordine/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*