‘Os Axóuxeres’ percorren 26 localidades da Rede de Dinamización Lingüística ata novembro

rp_axouxeres_actores4-300x199.jpgA festa da música, dos xogos e das palabras.

‘Os Axóuxeres’ é unha proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que chega á súa sétima edición ofrecéndolles ás familias con cativos de 0 a 6 anos espazos de lecer en galego e tamén materiais para continuar xogando e cantando ao remate do espectáculo. O disco ‘Os Axóuxeres’, co que se agasallará a todas as familias participantes, e tamén os materiais das edicións anteriores pódense descargar de balde en http://ir.gl/1febfb.

As seguintes funcións acolleranas os concellos de Ames (venres 25, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas), Vedra e Santiago de Compostela (sábado 26, no Museo Modesto Paz Camps ás 18:00 horas e no Centro Sociocultural das Fontiñas ás 19:00 horas) e Teo (o domingo 27 no Auditorio da Ramallosa ás 12:00 horas). Para as catro elas abrirase en exclusiva mañá, luns, a inscrición previa telefónica no número 697 363 089, na que as familias poden anotar os seus bebés e nenos/as de 0 a 6 anos cun acompañante adulto. Coma sempre, a entrada é de balde ata completar a capacidade das salas.

A festa da música, dos xogos e das palabras
‘Os Axóuxeres’ é a festa da música, dos xogos e das palabras. Un espectáculo de dinamización lingüística baseado en historias adaptadas á xente miúda da casa e mesturadas con cancións e xogos especificamente creados para a montaxe. ‘Os Axóuxeres’ coida dun xeito especial a calidade da montaxe cunha estética dinámica e actual, e maila acollida ás familias para asegurar que os nenos e nenas asocien o galego con experiencias cheas de tenrura e diversión.

Estrelas dormen, Voga valente, Vou navegar, Entre o mar e esta bañeira e Mergullo son as cancións orixinais dos novos Axóuxeres, que María Torres e Gonçalo Guerreiro (directores da compañía Elefante Elegante) interpretan en directo acompañados polos músicos Mano Panforreteiro e Dani Pais, e que recolle o cedé homónimo, no que tamén se poden escoitar brinquedos e adiviñas infantís.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*