VIII Limpeza Simultánea de Ríos

proxecto_riosO día 27 de setembro celébrase a oitava edición da iniciativa.

Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais.

Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con Adega: 981 57 00 99 / 619 672 038. Ou através do e-mail: pacobanhobre@adega.gal

Grazas á colaboración de 54 entidades o pasado ano, retiráronse máis de 12 Tn. de lixo e participaron un total de 540 voluntarias/os de 43 concellos en 49 ríos en toda Galiza.

O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde. Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VIII xornada de limpeza simultánea en ríos.

Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.

http://proxectorios.org/index.php

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*