Roteiro aos castros do Courel e xornadas Ambientais sobre o río Sar

proxecto_riosO vindeiro domingo, 25 de outubro, ADEGA-Lugo dá comezo ao ciclo de roteiros “Memoria Pétrea” deste curso 2015-2016, cunha visita a tres dos castros do Courel. Este programa de roteiros está dedicado a coñecer algúns dos bens culturais e patrimoniais máis antigos de Galiza, cuxo común denominador serán os castros.

O percorrido transcorrerá por camiños cheos de follas secas, ourizos e castañas a través dos canóns do Río Pequeno e o Río Lor. Remataremos a xornada cun magosto en Ferreirós de Abaixo, na singular taberna “O Pontón”.

Lonxitude: 12 km de dificultade media-alta: media, no percorrido xeral, e alta nos desvíos aos tres castros. En caso de cansazo pode optarse por non realizar algúns dos ascensos máis duros.

Información e reserva de praza

Xornadas Ambientais sobre o río Sar. Concello de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, organiza esta fin de semana unhas xornadas ambientais sobre os recursos naturais e valor ecolóxico do río Sar. As xornadas se desenvolverán o 24 e 25 de outubro. O sábado 24 con varias conferencias sobre os valores naturais do río Sar. O Proxecto Ríos impartirá unha charla divulgativa sobre a participación cidadá no estudo e conservación dos nosos ríos. O domingo 25 haberá un roteiro guiado polo Sar. Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*