Finou Xosé Neira Vilas: a memoria dun neno que foi todos os nenos

O venres 27 de novembro finou na súa casa natal de de Vila de Cruces, aos 87 anos de idade, un dos máis grandes autores da literatura galega: Xosé Neira Vilasneira-vilas. O finado escritor deixa unha xigantesca obra que toca case todos os xéneros: narrativa , poesía, ensaio, tradución…Mais sen dúbida, hai un libro que marcou a xeracións enteiras de galegos: Memorias dun neno labrego. Esta peza narrativa, publicada hai xa case 55 anos, é a máis vendida e traducida da historia da literatura galega, con máis de 600 mil exemplares despachados.

Mais Neira Vilas é tamén a conexión profunda coa literatura popular e o seu incansable activismo a prol da cultura galega, tanto en Galiza coma en América. Despois dunha longuísima estancia en Cuba, en 1994 regresou á súa terra natal canda a súa dona, a tamén escritora Anisia Miranda. Nestes 21 anos salientou tamén por ser un prolífico articulista en diversos xornais.

Dende Letra en Obras recuperan, a xeito de homenaxe, recuperar esta longa entrevista de Marga do Val e X.Carlos Garrido

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*