IV Festival de Humor “Rir, por non chorar”!

Adega, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, convídavos a todos e todas a participar na cuarta edición do Festival de Humor “Rir, por non chorar” que organiza ADEGA cada ano para amosar unha visión máis irónica e retranqueira do territorio e do ambiente galego. A actividade enmárcase no proxecto “Cultura e Territorio” que intenta promover a reflexión e o debate sobre a actual xestión territorial e a falla dun ordenamento sostible da casa que habitamos e que se chama Galiza.

Destal volta, serán os artistas Avelino González e Carlos Meixide os encargados de facernos “rir, por non chorar” a través da súa análise burlesca da nosa contorna.

O acto, que está apoiado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 19 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos).

Máis información

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*