Visita ao Castro de Remonde dentro do ciclo de roteiros “Memoria Pétrea”

memoria-petreaADEGA-Lugo dá continuidade ao seu ciclo de roteiros “Memoria Pétrea” durante o ano 2016, cunha visita ao Castro de Remonde. O percorrido, de 12km, pasará por outros enclaves patrimoniais e ambientais da contorna da Eira da Xoana, e terá lugar o vindeiro domingo 24 de xaneiro.

O Castro de Remonde é da idade de ferro e está localizado nun outeiro a 460 metros de altitude preto do Castelo de Pambre. Os terreos nos que se radica foron mercados recentemente pola Fundación EIRA (ADEGA) coa finalidade de promover a conservación e posta en valor deste ben patrimonial.

Percorrido

Castro de Remonde
O roteiro terá unha lonxitude aproximada de 10-12 quilómetros e será de dificultade baixa en xeral, pero de dificultade media no parte da ruta que atravesa as Torrentes de Mácara.

A partida a pé será ás 10 h no Castelo de Pambre, onde comezará o roteiro percorrendo o camiño real, a ponte medieval sobre o río Pambre e os pasos sobreo o rego do Vilar. Achegándonos á contorna do Castro observaremos as areeiras, “buratos” no comarón á beira do camiño. Logo de deternos na visita ao Castro, antecastro e parapetos, continuaremos a ruta polo camiño da Toca e chegaremos ao Castelo altomedieval do Remesedo dende onde teremos unha impresionante panorámica do Castelo de Pambre e do Castro de Remonde.

Posteriormente percorreremos un tramo das Torrentes de Mácara. O bus lavaranos ás inmediacións da Eira da Xoana (“casiña” de ADEGA radicada no Concello de Agolada), onde xantaremos. Pola tarde está previsto visitar as Brañas do Biduedo (zona protexida á proposta de ADEGA baixo a figura de “custodia do territorio”) e a Canle de Ramil, antiga obra que se pode catalogar de “arqueoloxía industrial”.

O roterio rematará en Ramil. Acompañaranos o arqueólogo Antón Malde, colaborador nos traballos de recuperación do Castro.

Reserva de praza
A reserva de praza debe realizarse, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299) ou ao móbil (679113718) antes do venres 22 de xaneiro.

Faranse reservas até esgotar prazas!

Máis información na web de Adega

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*