Alargascencia

alargascenciaIntercambiar, reparar, alugar e prestar. Amigos da Terra lanza esta iniciativa fronte á obsolescencia.

A web Alargascencia, con versión tamén en galego, ofrécenos un directorio de establecementos que son alternativa contra a obsolescencia. Trátase dun proxecto de Amigos da Terra, feito público hai algunhas semanas, e que quere ser instrumento de chamada á poboación acerca da importancia e necesidade de acabar co malgasto de recursos naturais, denunciando a obsolescencia programada e esixindo o incremento das porcentaxes de redución e reutilización de residuos por parte das administracións.

Outras formas de consumo son posibles

O patrón de consumo actual vén marcado por produtos pouco duradeiros, difíciles de reparar e reutilizar. Neste contexto, tanto o medio ambiente como a cidadanía convértense nos actores máis prexudicados. A reciclaxe non é suficiente para asegurar un consumo de recursos naturais sustentable, debido ao incremento incesante do consumo. Amigos da Terra considera que o cambio de hábitos cara a un modelo máis responsable é un importante motor para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e solidaria.

De aí a idea deste directorio de establecementos para dar alternativas contra a obsolescencia: unha ferramenta en mans da cidadanía para atopar solucións fronte á obsolescencia programada e percibida, e alongar así a vida útil dos produtos, e alcanzar non só un aforro económico, senón tamén ambiental.

Na web de Alargascencia poden atoparse alternativas de aluguer, compra-venda de segunda man, reparación, etc de diferentes produtos (roupa, mobles, electrodomésticos) a nivel estatal. De xeito concreto, amósanse 156 establecementos vencellados en Galicia.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*