Ben veñas maio!

ben-veñas-maioCertames de narrativa, banda deseñada, poesía, teatro, música. Velaquí as bases para os concursos en 2016.

Os once IES e CIFP públicos de Pontevedra participarán en Ben Veñas Maio-2016, o programa de promoción da lingua que organiza a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración coa Coordinadora de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos institutos de Pontevedra. Nesta ocasión a coordinación de Ben Veñas Maio, que é rotatoria, correspóndelle a Manuel Lourenzo Sobral, do IES Luís Seoane:

Participantes:

– IES Luís Seoane (Manuel Lourenzo) mlorenzosobral@edu.xunta.es – IES Sánchez Cantón IES Valle Inclán – IES Frei Martín Sarmiento – IES A Xunqueira 1 – IES A Xunqueira 2 – IES G. Torrente Ballester – IES de Montecelo – CIFP A Xunqueira – CIFP Carlos Oroza e – Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A dotación total dos premios son 3.075 €, distribuídos nos seguintes certames: – XV Certame de Fotografía – XXIII Certame de Banda Deseñada – XXIII Certame de Narración Curta – XV Certame de Poesía e – XVII Certame musical

Ademais, dentro do Ben Veñas, Maio, celebrarase a XX Semana Teatral Ben Veñas, Maio, os días 4, 5 e 6 de maio no Teatro Principal. Abrangue a mostra do traballo realizado ao longo do curso polos grupos teatrais dos diferentes institutos. Este certame desenvolverase durante e segundo un programa que se anunciará previamente.

Calendario:

– Ata 15 de abril: entrega de traballos de fotografía, BD, narración curta e poesía – Inscrición dos grupos de música.

– 4, 5 e 6 de maio: Semana do Teatro, no Teatro Principal

– 7 de maio: certame musical e entrega dos premios Ben Veñas, Maio; no Pazo da Cultura.

Para todos os certames, agás o musical:
1 Poderá participar o alumnado matriculado nos institutos públicos do concello de
Pontevedra.
2 Cada participante poderá presentar cantas obras queira, se ben en cada categoría non
se poderá conceder máis dun premio á mesma persoa.
3 O alumnado participante non fará figurar o seu nome nas obras. Xunto con estas,
entregarase un sobre pechado que conterá os datos persoais: nome, idade, enderezo,
teléfono, curso e instituto no que estuda e copia do DNI. No exterior figurará o título da
obra a carón do pseudónimo do autor ou autora, a modalidade á que se presenta e, se é
o caso, a categoría na que participa. As persoas que resulten premiadas deberán
achegar, unha vez coñecido o veredicto, unha certificación bancaria na que estean
autorizados os/as menores.
4 O xurado que cualificará os traballos será designado pola Comisión Organizadora e só a
el corresponde a interpretación das bases. O seu veredicto será inapelable.
5 Todas as obras presentadas poderán ser reproducidas, expostas ou editadas.
6 Os traballos entregaránselles aos membros dos Equipos de Normalización e
Dinamización da Lingua Galega dos institutos.
7 O prazo de admisión de traballos remata o día 15 de abril de 2016.
8 O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse ao remate do
certame musical “Ben veñas, maio” do sábado 7 de maio de 2016.
9 Ademais dos premios establecidos, o xurado poderá outorgar cantos accésits considere
oportunos. Os accésits consistirán nun lote de libros.
10 No caso que o xurado considere que nalgunha categoría as obras non acadan o nivel
mínimo esixible poderá declarar deserto un ou todos os premios contemplados nestas
bases. As dotacións económicas dos premios desertos poderán ser empregadas para
premiar obras de calquera outra categoría.

Fonte: Concello de Pontevedra

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*