XVI Concurso de relato oral “Tíralle da Lingua”

tiralle-da-lingua“Tíralle da lingua” é unha iniciativa da AS-PG, dirixida ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias…de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou de creación propia.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 7 de abril e a fase final do concurso celebrarase o 13 de abril no Teatro Principal de Santiago.

Máis información no Facebook da AS-PG

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*