Go Green! (2)

go_greenO Caderno Verde de Sogama achega esta semana outro recurso ambiental para a aula de inglés.

“One person using reusable bags over their lifetime removes from the environment more than… How many plastic bags…?”

No espazo adicado a recursos para as aulas de inglés do Caderno Verde de Sogama atopamos esta semana un novo contido, a ficha didáctica titulada “Go Green” (2), destinada ao terceiro ciclo de Primaria. O Caderno Verde recolle un feixe de contidos para todos os ciclos de Primaria, organizados segundo a materia específica que tratan: desde Matemáticas (oor exemplo, “Medidas de Capacidade”) ata Coñecemento do Medio (por exemplo, ‘A Electricidade’)

Caderno Verde

Mauro, Sol, Olalla, Simón e Lino, os novos personaxes do Caderno Verde de Sogama, conducen este material educativo centrado na formación ambiental do alumnado galego. O Caderno Verde continuará en semanas vindeiras coa publicación de fichas didácticas coas que os pequenos poderán aprender contidos de distintas disciplinas obxecto de estudo, desde as matemáticas ao inglés, pasando por lingua galega, lingua castelá, coñecemento do medio, ou educación artística, utilizando o medio ambiente de forma transversal.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*