Inicio » A fondo » Día Internacional do Libro Infantil 2016

Día Internacional do Libro Infantil 2016

interior-2-abrilCara a celebración o 2 de abril, hai tempo aínda de participar no concurso “Adopta un animal de conto”.

Como cada 2 de abril, ao cabo desta semana imos celebrar o Día Internacional do Libro Infantil, en lembranza da data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen.

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), xunto coa Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) e os colectivos equivalentes tanto vasco como catalán, aproveitan para animar a celebrar este día. Centros escolares, bibliotecas e librarías están convidadas a participar da difusión da mensaxe da escritora Luciana Santori e do cartel do ilustrador Ziraldo, iniciativas que este ano preparou a sección brasileira do International Board on Books for Young People (IBBY).

Podedes ler aquí a mensaxe en forma de conto escrita por Luciana Santori.

Adopta un animal de conto

Poden participar neste concurso todas as lectoras e lectores que estean cursando Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, tanto a través do seu centro escolar como da súa biblioteca.

A idea é escoller un libro en galego onde o animal (real ou fantástico) teña relevancia na historia. A continuación proponse facer un debuxo dese animal tal e como o imaxine cada un de nós. Valorarase a orixinalidade, así que se o animal aparece ilustrado no propio libro non hai porque tomalo como referencia senón que se pode interpretar libremente.

Xunto co debuxo hai que engadir un breve texto onde se explique por que o participante elixiu ese animal de conto en concreto. Cada orixinal debe ter un formato de 10×10,15 cm. Por un lado estará o debuxo e polo outro un breve texto, manuscrito, explicando o motivo. En todos os traballos deben constar os datos de identificación dos autores/as, nome do docente ou bibliotecario/a e teléfono e correo electrónico de contacto.

Máis información na web de Gálix

E aquí o texto-mensaxe escrito pola escritora brasileira Luciana Sandroni para este 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en 2016.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*