“Bichería” libreira todo o mes por terras do Lérez!

salon-libro-pontevedra
Cartel obra de María Álvarez “Yupiyeyo”

Este venres é a inauguración ofocial do 17º Salón do Libro.

Xa nos últimos días houbo actividades previas e puideron “merendar” contos por todas as librarías da cidade. E este venres día 1 de abril chegará o inicio formal do evento. Unha edición na que os animais van ser protagonistas: Animais domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!! “Canta bichería!” é o lema do encontro este ano, e haberá ata 350 actividades abertas a todo o público.

Segundo explicou a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, un ano máis, o Salón do Libro ten como fin “seguir traballando para achegar os libros a xente de todas as idades, pero sobre todo ao público infantil”, facéndose tamén para que os máis cativos teñan contacto coa literatura por varias vías e de xeitos variados.

No Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.

Actividades concertadas con centros de ensino

Durante todo o mes de abril e ao longo de 6 mañás realizaranse 5 contacontos e 6 obradoiros para agasallar ao alumnado de infantil e primaria dos centros colaboradores, realizando todos eles a posteriori unha visita guiada á Sala. Ademais, nas actividades concertadas con centros de ensino colaboradores participarán un total de 45 -9 máis que o ano pasado-. Isto suporá o paso duns 5.000 nenos e nenas de educación infantil, primaria e secundaria, tendo así un incremento de máis de 750 alumnos e alumnas. A maiores, 7.000 escolares – 1.200 máis que en 2015- asistirán aos 7 espectáculos programados para infantil, primaria e secundaria e ás visitas guiadas á sala.
Aquí o programa

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*