Mortadelo e Filemón en Fenicia

Certame que se artellou con motivo da exposición no Museo do Humor de Fene da mostra “Francisco Ibáñez, el mago del humor”.

O xurado do concurso “Mortadelo e Filemón en Fenicia”, convocado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as deste certame.

crebacabezas-puzle-rompecabezasO xurado -formado pola concelleira de Cultura e Ensino de Fene, Amalia García, os/as profesores/as Antón Pena, do CEIP Centieiras, Blanca López, do CPI A Xunqueira, e Benigno Sánchez, do Ceip O Ramo, así como a coordenadora do Museo do Humor, Almudena Marcos, e o xestor de Actividades Culturais do Concello (Secretario do certame), Daniel Romero- acordou por unanimidade conceder os premios a:

. CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL. Lucía Pereira Bellas, alumna da escola de pintura de Dulce Anca, por un traballo presentado co título de “Roubo no Museo”. O premio consiste nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.

. CATEGORÍA 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA. Noa Ferreiro Bellas, alumna do Ceip A Fraga de As Pontes, por un traballo presentado co título “Mortadelo e Filemón no Museo do Humor”. O premio consiste nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.

. CATEGORÍA 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA. Jaime Ameneiros Fernández, alumno do Ceip Centieiras de Fene, por un traballo presentado co título “Exposición Ibáñez”. O premio consiste nun Ipod Nano e diploma.

. CATEGORÍA ESO. Daniel Lago Luaces, alumno do CPI A Xunqueira, por un traballo presentado co título “Casa da espionaxe”. O premio consiste nun lector de libro electrónico Kindle Paperwhite e diploma.

. CATEGORÍA BACHARELATO. Deserto.

. CATEGORÍA ADULTOS. Xavier Picos Rodríguez, do Centro Ocupacional Aspaneps de Fene, por un traballo titulado “Mortadelo e Filemón. Un día en Aspaneps!”. O premio consiste nunha tableta BQ Aquaris M-10 e diploma.

Á vista da elevada participación rexistrada na categoría de 4º, 5º e 6º de Primaria e da calidade dos traballos presentados na mesma, o xurado acordou tamén a concesión de senllos accésits, a:

. Irene Beatriz Díaz García, alumna do CEIP Centieiras de Fene, polo seu traballo titulado “Mortadelo e Filemón, luces, cámara e acción”
. Clase de 6º de Primaria do Ceip Maciñeira de Neda, polo seu traballo (colectivo) titulado “Na procura do profesor Bacterio”.

Por último, o Xurado acordou a edición dos traballos gañadores e fixar a data do mércores 16 de marzo ás 12.00 horas para a entrega dos premios no Museo do Humor de Fene.

Galería de imaxes coas obras gañadoras

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*