Xornadas de Innovación Educativa: palavrar a lingua

Iniciativa do STEG para dar a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua e da súa normalización, indagando no desenvolvemento de proxectos dinamizadores da mesma. Sábado 16 de abril.

Estrutura das xornadas:

09:30 – 10:00, Recepción das asistentes.10:00 – 12:00 Exposición de experiencias innovadoras no eido da normalización lingüística, segundo o detalle

10:00 – 11:00, relatorio a cargo de Belén Escariz Ferrín e Isabel Vázquez Rosales:   “Normalizar en Infantil e Primaria. Un proxecto común”

11:00 – 12:00: relatorio de Pilar Ponte Patiño: “Experiencias normalizadoras no IES da Pobra do Caramiñal”.

14:00 – 16:00 Xantar e descanso.

16:00 -17:00 relatorio de Emilio Ínsua: “As Irmandades da Fala. Un percorrido pola súa historia”.

17:00 – 19:00 obradoiro de lusofonía a cargo de Carme Saborido Paz, profesora de portugués e membro de AGAL.

19:00 – 20:00 concerto musical de Narf e peche.

Datas e horario de realización:

– Sábado 16 de abril de 2016: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

Lugar de celebración: Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/n 15703 (Santiago de Compostela)

Horas: 8 horas, todas elas presenciais.

Número de prazas: Mínimo de 15 e máximo de 60 prazas

Observación ás prazas: En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación.

Nome da persoa coordinadora: D. Lois Pérez Díaz

Relación nominal das persoas relatoras:

  • Dona Belén Escariz FerrinEspecialidade: Educación Primaria. Título do relatorio: “Normalizar en Infantil e Primaria: un proxecto común”.
  • Dona Isabel Vázquez RosalesEspecialidade: Educación Primaria. Título dos relatorio: “Normalizar en Infantil e Primaria: un proxecto común”.
  • Dona Pilar Ponte PatiñoEspecialidade: Lingua e Literatura Galega. Título do relatorio: “Experiencias normalizadoras no IES da Pobra do Caramiñal”.
  • Dona Valentina Formoso GosendeEspecialidade: Lingua e Literatura Galega. Título da intervención: participa na mesa redonda: ” O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado”.
  • Don Policarpo Mencía ÁlvaresEspecialidade: mestre de lengua asturiana e literatura (LAL) do ensino público no Principado de Asturias. Título da intervención: participa na mesa redonda “O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado”.
  • Dona María Antònia Font GelabertEspecialidade: profesora de secundaria nas Illes Baleares. Título da intervención: participa na mesa redonda “O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado”.
  • Dona Amaia Zubieta GarciandíaEspecialidade: licenciada en filoloxía Inglesa. Título da intervención: participa na mesa redonda “O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado”.
  • Don Aitor Idigoras LasagaEspecialidade: maestro de educación física no País Vasco. Título da intervención: participa na mesa redonda “O galego e a situación das linguas minorizadas no contexto do Estado”.
  • Don Emilio Xosé Ínsua LópezEspecialidade: Lingua e Literatura galega. Título do relatorio: “As Irmandades da Fala. Un percorrido pola súa historia”.
  • Dona Carme Saborido PazEspecialidade: Lingua e Literatura galega; profesora de Portugués en Escola Lorca Institute. Título do obradoiro “Obradoiro de Lusofonía”.

Observación: queda pendente confirmar os datos de 2 persoas máis que completarán a mesa redonda “A situación do galego e das linguas minorizadas no contexto do Estado”: un representante do ensino na Comunidade Valenciana e un representante do ensino en Cataluña.
Achegarase esta información tan pronto a confirmemos.

Custo da matrícula:
– Afiliacion en activo: 18 €
– Afiliacion no desemprego: 8 €
– Persoas non afiliadas: 32 €

Obxectivos da actividade:

  • Dar a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua e da súa normalización, indagando no desenvolvemento de proxectos dinamizadores da mesma.
  • Estimular o gusto polo traballo da lingua e propiciar actitudes favorábeis no profesorado e no alumnado en relación ao mesmo.
  • Afondar no papel da escola como suxeito tranformador e favorecedor da realidade sociolingüística e cultural da comunidade educativa en que se insire a súa actividade.
  • Promover a oralidade, a lectura e o contacto interxeracional nas proposta normalizadoras asociadas á innovación pedagóxica.
  • Reflexionar sobre a situación do galego e das lingua minorizadas no contexto do Estado.
  • Favorecer o coñecemento doutros modelos de normalización lingüística noutros lugares do Estado.
  • Compartir experiencias positivas de normalización lingüística noutros lugares do Estado.
  • Compartir e debater propostas no camiño de mellorar a situación do galego e doutras linguas minorizadas.
  • Afondar no coñecemento das Irmandades da Fala, promovendo unha reflexión crítica dende o rigor histórico.
  • Analizar e afondar no coñecemento do mundo lusófono así como nas súas posibilidades lingüísticas e pedagóxicas para o traballo docente.
  • Coñecer a relación do galego coa lusofonía para mellorar a práctica educativa.
  • Ofrecer ferramentas e recursos de aplicación práctica asociados á lusofonía.
  • Abrir espazos de debate para o profesorado implicado no tratamento innovador da aprendizaxe da nosa lingua.

Programa de contidos:

  • Proxectos e undiades didácticas relacionadas coa normalización lingüística do galego.
  • Enfoque comunicativo na aprendizaxe da lingua
  • Propostas didácticas e estratexias metodolóxicas para as actividades normalizadoras.
  • A oralidade no contexto do tratamento innovador da aprendizaxe da lingua.
  • Experiencias concretas no CEIP Quintela de Moaña e no IES da Pobra do Caramiñal.
  • Modelos lingüísticos das diferentes lingua minorizadas no contexo do Estado.
  • Propostas de futuro dende o ensino para a superación da situación actual de coñecemento e uso do galego e das linguas minorizadas do resto do Estado.
  • Coceptualización da lusofonía e implicacións sociolingüísticas e culturais.
  • Elementos comúns do galego e do mundo lusófono.
  • Factore a ter enc onta para o deseño de actividades relacionadas coa lusofonía.
  • Propostas didácticas e consideracións metodolóxicas vervo da lusofonía e a aprendizaxe da lingua.
  • Influenza sociolingüística e cultural das Irmandades da Fala na Galiza.
  • Repertorio musical galego e lusófono.

Máis información na web do STEG

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*