O “efecto rabaño” coas vacinas

Vacinarse non só é unha arma para a saúde dos máis pequenos e pequenas da casa, senón un acto de solidariedade cara aos demais.

As vacinas son unha das armas máis eficaces para loitar contra os viláns da saúde infantil como as enfermidades infecciosas xa que avisan ao organismo para que desenvolva defensas contra os virus e as bacterias que as producen, protexendo a persoa vacinada. Pero, sabías que moitas vacinas non só che protexen a ti, senón tamén á xente que che rodea? Este efecto de protección social é o que se coñece como “efecto rabaño” ou inmunidade de grupo.

Como funciona o efecto rabaño?

Hai que ter en conta que as persoas contaxian infeccións, como virus ou bacterias, a outras persoas. Aínda que cando alguén desenvolve a enfermidade adoita contaxiar máis que cando non ten síntomas, tamén pode ocorrer que a transmita sen padecela.

Flickr: Tina Franklin
Flickr: Tina Franklin

Cando un alto número de persoas está vacinado fronte a un mesmo virus ou bacteria, hai menos persoas que enferman por esa causa e tamén menos portadores dese microbio, o que supón que hai unha menor cantidade dese axente daniño circulando por unha contorna. Desta forma, redúcense as posibilidades de que unha persoa que non está protexida fronte a esa enfermidade se expoña a ese microbio. É dicir, as persoas vacinadas fan un efecto barreira que non permite que o microorganismo prexudicial chegue ata os non vacinados.

Cando se consegue este efecto protector?

Para que o “efecto rabaño” funcione ao máximo das súas posibilidades é necesario que máis do 90 – 95% da poboación estea vacinada fronte a esa enfermidade (a porcentaxe de persoas vacinadas coñécese tamén como cobertura vacinal). Se a cifra se sitúa por baixo do 90%, vaise perdendo ese efecto de protección social das vacinas, e a menor porcentaxe de cobertura, menor vai sendo ese efecto rabaño.

Os responsables dos programas de saúde pública teñen en conta este tipo de datos, entre outros moitos, á hora de avaliar como incluír unha vacina no calendario vacinal.

Todas as vacinas producen efecto rabaño?

A maioría delas si, porque evitan o contaxio da enfermidade de persoa a persoa. Vacinas como a difteria, a tose ferina, o sarampelo ou o virus do papiloma humano si producen efecto rabaño. Outras como a do tétanos (causado por unha toxina que as persoas non transmiten) ou a febre amarela (que a transmite un mosquito) non teñen inmunidade de grupo. É dicir, só protexen a persoa que se puxo esas vacinas.

Entón… se xa se vacinan outros nenos, por que é importante vacinarse?

Son varias as razóns polas que o efecto rabaño non significa que non sexa necesario vacinarse. A primeira é que se todos deixámonos de vacinarnos, diminúe a cobertura e os microbios volven circular pola contorna con máis facilidade causando a enfermidade. E, a segunda, pero non menos importante, é que hai nenos que, ben porque non teñen aínda a idade de vacinación ou ben por ter algunha enfermidade, non poden vacinarse. Por este motivo, dise que a vacinación é solidaria.

Hai algúns casos que exemplifican a aplicación do efecto rabaño. Por exemplo, durante a tempada da gripe, o feito de que se protexan fronte ao virus todos os membros da familia e persoas da contorna máis próxima dun neno con enfermidade crónica evitará en gran medida que o neno contraia esta enfermidade. Hai que ter en conta que el tamén se terá que vacinar, pero con esta dobre estratexia, estará dobremente protexido.

Como ves, vacinarse non só é unha arma para a saúde dos máis pequenos e pequenas da casa, senón un acto de solidariedade cara aos demais. O poder da #Prevención en grupo é moito máis forte. Apúntaste a ter unha sociedade máis sa activando o teu poder de #Prevención?

Máis información na web da “Tropa Supersana”, da Asociación Española de Pediatría

Consulta tamén:

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*