Máis de medio século de exploración espacial: algúns recursos para as aulas

espazo-exteriorVan aló cincuenta e cinco anos do día no que o primeiro ser humano realizou unha viaxe espacial. O protagonista foi, un 12 de abril do ano 1961, o ruso Iuri Gagarin. O cosmonauta, convertido inmediatamente en heroe, marcou a historia da humanidade ao realizar un voo orbital completo arredor da Terra a bordo da nave espacial Vostok 1.

As Nacións Unidas, en recordo desa xornada, declararon que cada 12 de abril se conmemore o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados. A efeméride quere non só lembrar o evento en concreto, senón subliñar o que foi o inicio da era espacial salientar que a ciencia e a tecnoloxía relacionadas co espazo contribúen de moitos xeitos a traballar en prol de diversos avances tecnolóxicos noutras áreas, en favor dos obxectivos de desenvolvemento sostible e no aumento do benestar da cidadanía. A ONU tamén aproveita nesta xornada para recordar que a exploración e o uso do espazo ultraterrestre debe facerse con fins pacíficos e que todos os Estados deben gozar dos beneficios que se deriven desas actividades: “o espazo é patrimonio de toda a humanidade”, destaca a ONU.

Recomendámosvos visitar entre outros na rede:

Hai tempo que vos falamos xa desta mostra, que comezou a viaxar diversos recintos expositivos en 2009 coincidindo co daquela Ano Internacional da Astronomía, en 2009. Tráemola de novo aquí, porque na web conmemorativa, operativa na rede, poden descargarse diversos materiais sobre astronomía: entre eles o contido dos propios paneis que a integran e diversos cadernos didácticos que a acompañan. Todos os materiais están dispoñíbeis ademais en galego. Entre outros, fichas sobre: Saturno, Lentes gravitacionais, Lei de Hubble, Radiotelescopios, O Sol, A Esfera Celeste ou Gravitación.

Outros en Botóns:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*