Inicio » Ciencia » Adopta unha estrela

Adopta unha estrela

espazo-exteriorCertame co obxectivo de espertar e fomentar o interese das persoas, especialmente a mocidade, polo mundo da astronomía.

Este programa preséntase en tres modalidades:

“Investiga en Astronomía” (Premio CSIC) destinado a grupos de tres alumnos/as coordinados por un/unha profesor/a de calquera país de fala hispana ou portuguesa. O grupo elixirá un obxecto celeste ou un fenómeno astronómico e tentará investigar canto poida sobre el. O grupo gañador obterá como premio do concurso unha invitación a un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas en España.

“Investiga en Astrofísica” (Premio SEA) destinado a grupos de tres alumnos/as coordinados por un/unha profesor/a que poden presentar os resultados de observacións ou experimentos deseñados no campo da astrofísica e presentar unha memoria do traballo acompañada dalgunhas actividades practicas. O grupo gañador obterá como premio do concurso unha invitación para visitar as instalacións dun observatorio en España.

“Fala de Astronomía ou Astrofísica” (Premio IMVO) para grupos de alumnos/as coordinados por un/unha profesor/a de calquera país que fale español ou portugués. Deberán presentar un proxecto de divulgación da astronomía detallando o calendario de actividades desenvolvido e o alcance das mesmas. O grupo gañador recibe como premio un telescopio para o centro.

Prazo de presentación dos traballos: ata o 15 de maio de 2016 (poden presentarse en galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués)

Bases e inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*