Inicio » Ciencia » Ciencia en acción XVII

Ciencia en acción XVII

ciencia-en-accionConcurso dirixido non só a profesorado de todos os niveis educativos, senón tamén a investigadores, divulgadores científicos e todas aquelas persoas interesadas na ciencia.

O xurado tamén concede un Premio Especial a persoas ou institucións que promoven o achegamento da ciencia á sociedade.

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN

O traballo ten que ser de recente elaboración non publicado ou publicado despois de xaneiro de 2014, e non presentado en anteriores edicións do concurso. O tema tratado debe axustarse á modalidade elixida.

Na valoración dos traballos terase en conta o seu interese, utilidade, orixinalidade, calidade e presentación. A obra deberá ofrecer unha visión atractiva da ciencia, facilitar a súa compresión por parte de estudantes e públicos non especializados, valorando, preferentemente, as posibilidades de ampla difusión e alcance dos traballos.

Os premios “CIENCIA EN ACCIÓN” distribúense en diversas modalidades, segundo sexa o tipo de traballo presentado:

a. Demostracións de física* (Premio RSEF): actividades prácticas para realizar in situ que ofrezan unha imaxe máis atractiva da física e que faciliten aos estudantes e ao público non especializado a súa comprensión.

b. Laboratorio de matemáticas* (Premio ICMAT): actividades prácticas para realizar in situ dirixidas a mostrar unhas matemáticas máis manipulativas e facilitar a súa comprensión. Tamén se valorará a posible difusión ao gran público.

c. Demostracións de química* (Premio Principia): Experimentos in situ relacionados co campo da química.

d. Laboratorio de bioloxía* (Premio SEBBM): actividades prácticas a realizar in situ dentro da bioloxía.

e. Laboratorio de xeoloxía* (Premio UCA): actividades prácticas a realizar in situ da xeoloxía.

f. Ciencia e tecnoloxía* (Premio UPC): demostracións in situ baseadas en aplicacións da ciencia ao ámbito tecnolóxico e que poidan desenvolverse dentro e fóra das aulas.

g. Sustentabilidade* (Premio Albedo): Iniciativas dirixidas á sensibilización e concienciación da poboación en temas ambientais (contaminación, desenvolvemento sustentable e conservación da contorna), valorando preferentemente a amplitude da difusión e alcance dos traballos.

h. Ciencia, enxeñería e valores *(Premio CEPSA): traballos que promocionen os valores humanos na ciencia e a enxeñería, en calquera tipo de formato (textos de ensaio, proxectos, obras executadas, etcétera),

i. Física e Sociedade* (Premio EPSA-CATEDRA ACERINOX): actividades prácticas para realizar in situ que ofrezan unha cara máis atractiva da física na Sociedade.

j. Biomedicina e Saúde* (Premio F. Lilly): Iniciativas encamiñadas a tomar conciencia da importancia da investigación no ámbito da biomedicina e a súa aplicación na mellora da saúde dos cidadáns.

k. Posta en escena* (Premio Focus): presentacións teatrais de contidos científicos dirixidas ao gran público, dunha duración máxima de 30 minutos.

l. Materiais didácticos de ciencia**: poden presentarse en forma de cadernos pequenos de traballo, libros, ou outros soportes que non sexan interactivos (Premio Centros de Profesorado. Delegación de Educación de Cádiz) e CD-ROM, páxinas Web, programas de simulación ou auto-aprendizaxe, ou outros formatos en soporte interactivo (Premio IBM).

m. Traballos de divulgación científica**: libros, artigos de prensa escrita, folletos ou catálogos de exposicións, emisións de radio, vídeos ou programas de televisión ou outros.

Libros, Revistas e Redes Sociais (Premio Colexio Montecalpe)

Prensa, Radio e Televisión (Premio Ayuntamiento de Pájara).

n. Curtas científicas** (Premio S/M): audiovisuais de contido científico cuxo obxectivo sexa a divulgación e cunha duración non superior a 20 minutos.
* Actividades prácticas a realizar “in situ” durante a final.
** Actividades que non hai que presentar durante a final.

Bases e inscrición

O prazo de presentación de todas as modalidades finaliza o 15 de maio de 2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*