Consumo Responsable

consumo-responsable-2Imaxina que tiveses que ir agora a mercar o que necesitades na túa casa para toda a semana. Que apuntarías na túa lista?

Moitas veces mercamos cousas que non necesitamos. Tamén mercamos produtos que apenas usamos. Por iso, é importante pensar ben antes de saír de compras. A iso chamámoslle “Planificar”: É moi importante facer unha lista da compra. Así evitamos levar para a casa cousas que axiña se converterán en refugallo.

Sobre isto e outras cousas aprenderemos na nova ficha didáctica que podemos descargar de balde no Caderno Verde de Sogama: “Consumo Responsable”. Acompañarannos coma sempre algúns dos nosos amigos e amigas de Vilaverde, como Brais, Mireia, Tomé, Aloia ou o avó Celso.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*