‘Soñando Galicia’ con Manuel María

sonhando-galicia-manuel-mariaO CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo elaborou a exposición gañadora do certame para educación infantil e primaria.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co fin de difundir a figura e o legado de Manuel María entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos centros escolares os carteis e a guía didáctica da exposición gañadora destinada aos centros de educación infantil e primaria, a do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo (A Coruña).

Esta exposición fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra do autor a quen lle rendemos homenaxe este 17 de maio.

Os obxectivos desta iniciativa da SXPL son os de impulsar o estudo da obra de Manuel María, favorecer a reflexión sociolingüística sobre o contexto histórico do autor, incentivar a realización de actividades que fomenten a colaboración multidisciplinar e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado e fornecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, promovendo a súa divulgación como referentes para a creación doutros.

Guía (.pdf)
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1652221&name=DLFE-11804.pdf

Carteis (.pdf)
http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1652221&name=DLFE-11804.pdf

Vídeo
https://drive.google.com/file/d/0B0d0Dnrkr14tS3NmNEtTTHo1ZXc/view?pref=2&pli=1

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*