As pezas premiadas no VI Certame de Curtas para Rosalía

certame-curtas-rosalíaVelaquí os traballos gañadores.

O galardón á Mellor Curta nesta sexta edición foi para ‘O prezo da dote’, de Chus Domínguez, “polo seu contributo significativo para a reelaboración da imaxe de Galiza que, por virtude da súa forza poética, é capaz de se afastar do tópico e, dialogando á distancia coa obra rosaliana, compón un fluxo de imaxes e unha partitura sonora de singular e conmovente beleza”.

No apartado Manuel María gañou ‘Telexornal Manuel María’ “pola súa eficaz achega para o coñecemento e difusión da obra e o legado de Manuel María, co mérito acrecentado de estar protagonizada por escolares que se dan moi ben coa expresión audiovisual e axudan a construír un exemplo vivo de comunicación social galega emancipada”.

Ademais, segundo o xurado, Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez acadaron o Premio Irmandades da Fala coa curta ‘Mira a miña pel’ “pola súa aproximación, desde a perspectiva e ton do videopoema, á crucial chamada das Irmandades para a recuperación da lingua, subliñando o que de encarnado, directamente corporal, ten o traballo da lingua, na cal a superficie, a pel, conduce ao máis profundo do noso ser”.

 

‘O prezo da dote’

O prezo da dote (2003) 20 min. from chus domínguez on Vimeo.

 

‘Telexornal Manuel María’

 

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a VII Edición de “Curtas para Rosalía” | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*