Prepara as Olimpíadas cos Bolechas!

bolechas-olimpicos-5Un ano máis, a divertida familia Bolechas, referente galegofalante para os nenos e nenas de Galicia, percorre o país da man do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ cun espectáculo que promove a participación dos nenos e nenas na lingua propia de Galicia: ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’.

En efecto, os seis famosos irmáns requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e deste xeito venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, o conseguen terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016.

A participación promovida por esta actividade non se limita ao día do espectáculo, pois ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ ten continuidade a través das novas tecnoloxías, no web www.osbolechas.gal/olimpiadas.

As dúas edicións anteriores do programa ‘FalaRedes’ acolleron os espectáculos ‘Os Bolechas na máquina do tempo’ e ‘Os Bolechas e o sabichón’.

FalaRedes
‘FalaRedes’ é un programa de dinamización lingüística para a RDL, que conta xa con máis de 170 entidades locais adheridas.

Neste ano 2016, ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición cos obxectivos de ampliar a oferta de ocio na nosa lingua e dotar os concellos de actividade en galego, de promover o seu uso e valoración social e de apoiar os artistas que desenvolven a súa creatividade na lingua propia de Galicia.

Máis información no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal

Axenda completa de Os Bolechas van ás Olimpíadas (Pulsa para ver a axenda completa)

axenda-bolechas-olimpiadas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*