Inicio » A fondo » A Fala, o Amor, o Río

A Fala, o Amor, o Río

manuel-mariaA Primavera das Letras aínda non rematou!
Soben as temperaturas e estamos á beira do verán mais, pasado o Día das Letras, aínda é tempo de primavera, e desde a Real Academia Galega permanece aberta a iniciativa Primavera das Letras. Neste espazo web da RAG podemos poñer a proba parte do aprendido sobre a vida e a obra de Manuel María e, sobre todo, gozar dos seus versos e profundar no seu significado e na realidade que representan. Recordámosvos algúns dos materiais dispoñibles:

O espazo ofrece para libre descarga ata cinco fichas didácticas arredor do autor:
O Día das Letras Galegas
http://primaveradasletras.gal/o-dia-das-letras/
Manuel María, unha vida de poema
http://primaveradasletras.gal/manuel-maria-unha-vida-de-poema/
Ríos de Vida en Verso
http://primaveradasletras.gal/rios-de-vida-en-verso/

Dúas fichas proporcionan material para colorear:
Os soños na gaiola, liberados
http://primaveradasletras.gal/os-sonos-na-gaiola-liberados/
As rúas do vento ceibe
http://primaveradasletras.gal/as-ruas-do-vento-ceibe/

primavera-letras-carroPor outro lado temos tamén diversas actividades interactivas. Por exemplo, a actividade ‘A Fala’, enfiada arredor do poema do mesmo título de Manuel María, “A Fala” (1979), onde o autor nos amosa a importancia que ten o idioma. Deixáronlle uns ocos aí polo medio convidando o alumnado a poñer cada palabra no lugar correcto.
http://primaveradasletras.gal/a-fala/

En 1981, Manuel María dedicoulle un libro á muller coa que compartiu toda unha vida. A obra, ‘Poemas da labarada estremecida’, ten unha dedicatoria que resume o triunfo do amor sobre o tempo: “Para Saleta, despois de tantos anos sempre nidia labarada estremecida”. No web temos unha actividade a partir dun par de poemas dese libro.
http://primaveradasletras.gal/o-amor/
Tamén podemos facer repaso da vida de Manuel María a partir de dous encrucillados
http://primaveradasletras.gal/encrucillado-a-vida-de-manuel-maria-1/
http://primaveradasletras.gal/encrucillado-a-vida-de-manuel-maria-2/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*