I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola

congreso-educacion-socialOurense, 30 de setembro e 1 de outubro de 2016. Matrícula aberta deica o 30 de xuño.

Para que?

O primeiro obxectivo será continuar analizando a figura da educadora/or social no ensino e a súa valoración dende o eido profesional e escolar. Así mesmo, reflexionaremos como é percibido o noso traballo por outros axentes.
Queremos coñecer a realidade noutros territorios do Estado, especialmente naqueles que teñen maior experiencia e, por suposto, en territorios irmáns como Portugal.
Trataremos de presentar a figura profesional da educadoras e o educador social ás administracións públicas para que analicen o xeito de implantala no sistema educativo galego.
Coñeceremos o que se está a facer no ámbito local da nosa Comunidade coa presentación de experiencias que se están desenvolvendo.
Presentaremos obradoiros que faciliten as aprendizaxes e o manexo, dun xeito práctico, no contexto de intervencións e accións de calidade no ámbito escolar regrado.
Compartiremos experiencias, inquedanzas e saberes a través de exposicións e comunicacións.
Coñeceremos os diferentes modelos de traballo que se están a desenvolver entre Educadoras e Educadores Sociais e o profesorado, tanto en Galiza como noutras comunidades ou no País Veciño.
Faremos visible ás empresas, entidades, medios de comunicación e sociedade en xeral a relevancia da figura profesional da Educación Social neste ámbito.

Para quen?

Este congreso vai dirixido moi especialmente a profesionais do Ensino e da Educación Social con vontade de traballo conxunto.

A estudantes e profesorado universitario das facultades de Educación Social e Maxisterio nas que nos atopamos e coas que colaboramos.

A outras/os profesionais e entidades relacionadas co mundo educativo (AMPAS, entidades do terceiro sector..) interesadas en mellorar a calidade do sistema educativo.

Persoas doutras comunidades con desexo de compartir e intercambiar experiencias.

Técnicos/as de administracións, especialmente corporacións locais implicadas en políticas educativas.

Medios de comunicación e sociedade en xeral preocupados pola mellora do sistema educativo galego.

Comunicacións/pósters

A proposta de comunicación/póster deberá ser enviada á Secretaría Técnica do Congreso: st.edusoescola@ceesg.org, xunto coa ficha técnica (Anexo I) e a declaración xurada de propiedade intelectual (Anexo II), antes do 15 de MAIO de 2016.

Páxina web da actividade: http://edusoescola.wix.com/congreso

Matrícula:
Ata o 30 de xuño de 2016
Reducida: 30 €
Xeral: 50 €
Do 1 de xullo ao 23 de setembro de 2016
Reducida: 45 €
Xeral: 75 €
*Reducida para colexiados/as do CEESG, asociados/as de Nova Escola Galega e estudantado das universidades.

Conta de ingreso: ES41-0081-0499-61-0001046708 (Banco Sabadell)

Cubre a inscrición online ou ben envíaa xunto co xustificante de pagamento a st.edusoescola@ceesg.org

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*