Dun mago a unha princesa e o tío Pelostortos: gozade coas pezas deste ‘Nós tamén creamos 2016!

nos-tamen-creamos-cpi-san-vicenteImos xa pola quinta edición deste certame de creación, que é xa unha proposta de éxito cada ano dentro do programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

E unha vez máis, non deixan de sorprendernos desde as aulas coa inxección de creatividade audiovisual que demostran en cada unha das pezas audiovisuais enviadas a concurso. Lembrámosvos que este certame ‘Nós tamén creamos’, faise en colaboración coa TVG, que fai despois difusión dos vídeos, e da editora OQO. E precisamente, o desafío para as escolas é ser quen de, a partir dunha selección de libros infantís ilustrados desta editora, crear unha peza animada coa técnica de ‘parada de imaxe’ (tamén coñecida como ‘stop-motion’).

“Na lingua propia de Galicia podedes facer de todo: ler contos, traballar cun computador ou facer cine”, comentoulle ao alumnado Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, durante a entrega dos premios este mesmo mes de xuño. Ao tempo, animounos a “seguir facendo na vosa vida diaria, fóra das aulas, o mesmo que durante a creación da vosa curta: usar o galego en diferentes contextos e situacións”. “Porque o galego é, sempre, unha lingua útil, fermosa e axeitada para canalizar a vosa creatividade”, subliñou Rodríguez.

“Antes me leven as almas en pena que darvos un figo da miña figueira!”
Promover unha imaxe positiva da lingua galega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos ámbitos e formatos e dar a coñecer as opcións de lecer en galego que lles ofrece á entrega-premios-nos-tamen-creamoscativada a propia web da TVG son algúns dos obxectivos deste concurso.

E por certo, a entrega dos premios este mes de xuño coincidiu precisamente coa celebración o pasado 15 de xuño do 33º aniversario da aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei de normalización lingüística. “Que sirva, pois, tamén este acto e o recoñecemento ao voso esforzo e bo facer como homenaxe a estes homes e mulleres que traballaron por Galicia e pola súa lingua, a través da redacción da Lei de normalización lingüística”, salientou Román Rodríguez ao respecto.

Por outro lado, na peneira de contos que as escolas fixeron para os seus traballos salientou desta volta o libro ‘A figueira de Pelostortos’, asinado pola contacontos Ana García Castellano e o ilustrador Mikel Mardones, e que foi tema para ata dúas das pezas premiadas nesta quinta edición.

A lista completa e as ligazóns para gozar de cada un dos contos, aquí mesmo:

CATEGORÍA: Educación Infantil

CATEGORÍA: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

CATEGORÍA: Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria

MENCIÓNS ESPECIAIS
EN INFANTIL:

EN PRIMARIA:

Cada un dos traballos foi coordinado por equipos que podían involucrar entre dous e catro docentes por cada centro para guiar o alumnado na elaboración de cada curtametraxe. Algúns dos mestres participantes xa participaran en obradoiros de formación ao respecto desta técnica audiovisual, mais a convocatoria inclúe tamén que os docentes que o desexen, poidan recibir asesoramento durante o proceso de elaboración dos traballos. Visto o resultado, dende logo pagou a pena!

Imos cavilando nalgunha idea cara ao vindeiro curso? Nós tamén creamos!

nos-tamen-creamos

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Do “mago rosa” a “Ranilda”, as pezas gañadoras do OUFF Escola | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*